
Os fins
Asociación Punto delas – Secretaría das Mulleres presta atención ás mulleres do rural.
As súas actividades están orientadas a promover a igualdade de oportunidades. Todas as accións desenvólvense coidando o medio ambiente e o equilibrio social do rural, co fin de contribuír á dinamización e sostibilidade das comunidades rurais. Punto delas procura tamén poñer en valor o papel das mulleres na sociedade rural, fortalecendo a súa autonomía, baseándose nun enfoque integral que combina benestar individual e colectivo. Traballamos por un rural máis xusto, igualitario e sostible para todas.
Punto Delas persigue os obxectivos seguintes :
- Defender os intereses das mulleres relacionadas co mundo rural.
- Promover e executar actividades de servizos sociais destinados a garantir a igualdade de oportunidades no aceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, en xeral e das mulleres relacionadas co medio rural, en particular.
- Impulsar, potenciar e executar actuacións de diversa índole, encamiñadas a erradicar calquera forma de discriminación no medio rural e lograr unha maior preparación cultural e profesional da muller do medio rural.
- Realizar, difundir e promover estudos, informes e demais documentación relevante, relacionada co medio rural dende unha perspectiva de xénero.
Entidades colaboradoras
Financiamento





