Escola de Igualdade

A Escola de Igualdade cubre necesidades específicas das mulleres que viven en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade de poboación, e para enfrontar as múltiples formas de discriminación promovendo a inclusión e a equidade en todas as esferas das súas vidas. Supón un servizo de atención integral e permanente con enfoque de xénero que incide na mellora da situación persoal, social e laboral do colectivo de mulleres e que da resposta ás necesidades individuais e colectivas que presenta. O programa está co-financiado pola Unión Europea no marco do Programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027.
Programa de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade (SI427A).

Os obxectivos xerais do proxecto son os seguintes:

◦ Mellorar a calidade de vida das mulleres con residencia en concellos rurais de zonas pouco poboadas de baixa densidade a longo prazo.

◦ Xerar procesos de incorporación e promoción de emprego mediante información, motivación e asesoramento.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

◦ Promover o desenvolvemento de expectativas sociais, laborais e económicas das beneficiarias.

◦ Dotar de competencias e habilidades ás beneficiarias, que minoricen a situación de vulnerabilidade que sofren a nivel socio-laboral.

◦ Propiciar o desenvolvemento socio-laboral mediante o asesoramento e acompañamento ás mulleres beneficiarias.

◦ Facilitar procesos de participación social como posibilitador de integración social.

◦ Descentralizar os recursos técnicos de apoio ao colectivo xerando unha rede de atención con mellor accesibilidade aos mesmos.

◦ Fomentar sinerxías de colaboración entre os diferentes recursos singularizados de apoio ás mulleres do territorio de acción.

◦ Fomentar procesos de mellora da autoestima e confianza nas beneficiarias como protagonistas activas dos procesos de integración social e laboral.

◦ Promover a formación continua.

OFRECEMOS OS SERVIZOS DE :

Orientación e información sobre recursos singularizados e apoio directo nas relacións con outras entidades e organismos.

Asesoramento xurídico.

Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais e competencias dixitais.

Orientación laboral, acompañamento e titorización.

Resultados

A través do programa melloraranse as expectativas sociais e laborais das beneficiarias e a situación laboral das mesmas, tanto pola adquisición de habilidades e competencias como pola información recibida e polo apoderamento persoal traballo. Ademais crearanse e consolidaranse sinerxías entre os recursos singularizado con atención ás mulleres dos diferentes concellos onde se realizan intervencións.