Categoría: Actividades da asociación

Da terra á transformación: primeiros pasos cara a un obradoiro comunitario agroalimentario en Pontevedra
🟣 Novo obradoiro de #PuntoDelas! 🥫 🥰 Da terra á transformación: primeiros pasos cara a un obradoiro comunitario agroalimentario en Pontevedra🌱 📅 A formación terá lugar o martes 27 de outubro, de 10h a 13h, no Comedor do Mercado Municipal (segunda planta – Rúa Serra, 5, 36002, Pontevedra) e estamos desexando que veñas!🤗 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥Í𝗕𝗘𝗧𝗘! https://forms.gle/Eg7cnmm4j6kX14fn9…

Cultivo e vantaxes das variedades locais de hortalizas
💜 O luns estivemos na Escola de Agudelo, en Barro, compartindo unha tarde ben bonita no obradoiro “Cultivo e vantaxes das variedades locais de hortalizas”, da man da Rede Galega de Sementes. Falamos de porque é importante cultivar, conservar e recuperar as variedades locais, variedades que levan tempo arraigadas á nosa terra e que forman…

Voces que abren camiño: Mulleres con Dereitos, Historias e Futuro
Que significou ser muller no campo galego durante o franquismo? Como naceron a primeira revista e a primeira asociación feministas do país? Que lle custou a unha labrega darse de alta na Seguridade Social ou encabezar unha lista municipal? Voces que abren camiño recolle as respostas en primeira persoa. Trátase dun proxecto audiovisual impulsado por…

O cultivo e as vantaxes das variedades locais de hortalizas
Setembro é un mes para recomezar, na Asociación Punto Delas tamén retomamos as nosas actividades! E que mellor que regresar con esta xornada arredor do cultivo e as vantaxes das variedades locais de hortalizas da man da Asociación Rede Galega de Sementes? A formación terá lugar o luns 28 de setembro, ás 16:30h, na Escola…

Aprendemos a facer pan!
O pasado 16 de xullo en Pazos de Borbén tivemos a oportunidade de participar nun enriquecedor obradoiro de elaboración de pan de masa nai da man de Belén, da Horta do Cadaval, que leva máis de 14 anos elaborando e comercializando pan artesanal no mercado 4Ponlas, en Pontevedra. Ao longo da xornada afondamos nos principios…

Obradoiro de elaboración de pan de masa nai
O pan é un alimento esencial! Nos almorzos, nas comidas, nas merendas, nas ceas…E se fixeras ti o teu propio pan? Agora tes unha estupenda oportunidade con este obradoiro práctico de elaboración de pan de masa nai en Redondela, que imos impartir xusto dentro dun mes, o 16 de xullo! Da man da Horta do…

Xestionando as nosas vidas en Monfero
🌱 Xestionando as nosas vidas: máis competencias dixitais para as mulleres do rural 💻 No Concello de Monfero celebramos unha nova xornada de formación do programa “Xestionando as nosas vidas” da Escola de Igualdade, unha iniciativa dirixida a mulleres de concellos de baixa densidade que busca facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e fortalecer as…

Presentación en Compostela da obra ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’
O pasado 28 de maio estivemos na Casa das Mulleres Xohana Torres, en Compostela, compartindo unha xornada arredor da importancia do asociacionismo, do sindicalismo e da comunidade como ferramentas fundamentais para defender os dereitos das mulleres. 💜 A xornada comezou cunha introdución de Nanina Santos Castroviejo, da revista feminista Andaina, e continuou coa presentación da…

Bosques Comestibles – Mondariz
🌳 O pasado 12 de maio tivo lugar a formación de #BosquesComestibles da man da #AsociaciónDiversidadeAcolle en #Mondariz. A actividade forma parte do programa ‘Da terra á mesa: saberes e sabores compartidos’, que organiza a Asociación Punto Delas co financiamento da Deputación Pontevedra. Coñecemos con detalle o proxecto da empresa de inserción social Semente de…

Xornada en Monfero: Competencias Dixitais Básicas
O 3 de xuño terá lugar esta formación en Competencias Dixitais Básicas, organizada pola Asociación PuntoDelas, en Monfero! No Bar Casabella ás 11h! +Info e inscricións: 687 645 907 A actividade forma parte do programa Xestionando As Nosas Vidas, cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, Fondos Europeos, Unión Europea
