Categoría: Provincia da Coruña

Voces que abren camiño: Mulleres con Dereitos, Historias e Futuro
Que significou ser muller no campo galego durante o franquismo? Como naceron a primeira revista e a primeira asociación feministas do país? Que lle custou a unha labrega darse de alta na Seguridade Social ou encabezar unha lista municipal? Voces que abren camiño recolle as respostas en primeira persoa. Trátase dun proxecto audiovisual impulsado por…

Presentación en Compostela da obra ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’
O pasado 28 de maio estivemos na Casa das Mulleres Xohana Torres, en Compostela, compartindo unha xornada arredor da importancia do asociacionismo, do sindicalismo e da comunidade como ferramentas fundamentais para defender os dereitos das mulleres. 💜 A xornada comezou cunha introdución de Nanina Santos Castroviejo, da revista feminista Andaina, e continuou coa presentación da…

Presentación da Guía ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’ en Compostela
📗🟣O 28 de maio terá lugar na Casa Xohana Torres en #Compostela a presentación do libro ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’, unha obra da Asociación Punto Delas editada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña! ⏰Ás 11:30h 🏠 Rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, Santiago de Compostela, A Coruña. Estás interesada…

Presentación da Guía ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’ en Teixeiro
🟣 Dentro de tres semanas, o martes 29 de abril, terá lugar a presentación do libro ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’, unha obra da Asociación Punto Delas editada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña! Será ás 16:30h no local do Sindicato Labrego Galego de #Teixeiro Estás interesada en asistir? Inscríbete no…

Presentación Dereitos das mulleres : guía de igualdade no rural. 🟣📖 No local do SLG en Compostela presentamos “Dereitos das mulleres: Guía de Igualdade no Rural”, unha ferramenta de consulta e orientación para que as mulleres labregas poidan identificar os seus dereitos e recursos, así como para as compañeiras traballadoras que as acompañan día a…

‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, presentación da guía
Algunhas imaxes da presentación da obra ‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, guía dun modelo agroecolóxico e feminista, en Ordes. Xuntámonos nun acto íntimo no que sentamos en círculo falándonos e mirándonos, porque así quere ser este libro: unha guía na que oito labregas de oito concellos diferentes da provincia de A Coruña…
Mulleres que coidan da terra e da comunidade
Trátase da elaboración dunha guía en materia de igualdade de xénero no eido rural, concretamente no eido da agroecoloxía. A agroecoloxía feminista pon énfase na equidade de xénero e na xustiza social dentro do ámbito agrícola, promovendo a participación activa das mulleres nas decisións e nos procesos de produción, e recoñecendo os seus coñecementos tradicionais…
Emprendemento, liderado e participación
Actividades para desenvolver a Axenda Labrega Feminista a través de accións formativas e de sensibilización para as mulleres labregas de diferentes concellos. Foméntamos de maneira transversal a participación e o liderado das mulleres labregas nas organizacións.
