


Algunhas imaxes da presentación da obra ‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, guía dun modelo agroecolóxico e feminista, en Ordes. Xuntámonos nun acto íntimo no que sentamos en círculo falándonos e mirándonos, porque así quere ser este libro: unha guía na que oito labregas de oito concellos diferentes da provincia de A Coruña comparten os seus coñecementos en vinculación a prácticas agrarias responsables e como basean a súa actividade vital, maiormente invisibilizada. Son:
- Amaya Romano Catalán (Proxecto Agreco Galiza – Bergondo)
- Eva Beres Cainzos (Horta ecolóxica e queixos – Ordes)
- Eva María Rodríguez Rodríguez (Vacún de leite en ecolóxico – Cesuras)
- Cynthia Arias Ramil (Proxecto Bieiteiras – As Pontes)
- María Pardo Barbeito (Proxecto Horta da Lousa – Cerceda) hortadalousa
- María Dolores Porto Álvarez (Proxecto Granxa de Lousada – Irixoa)
- Marta García Villar (Proxecto Millo e Landras – Vilasantar)
- Leticia Iglesias Basanta (Na horta da avoa María – Neda)
Conversamos con algunhas delas arredor da venda directa, da importancia de termos proxectos como os seus para manter un medio rural vivo, e tamén fixemos fincapé naqueles outros que atentan contra a nosa terra e a urxencia de reivindicarnos ante eles como mulleres, como labregas, como persoas que habitan e respiran na terra
Proxecto realizado pola Asociación Punto Delas e a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego
A actividade conta co financiamento da Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Ordes e Sindicato Labrego Galego




