



Xuntámonos en Arbo, onde visitamos a Adega de Begoña Troncoso http://xangall.com/: “Cando decidimos comezar non queríamos traballar de maneira convencional perdendo saúde. Entón apostei polo viño biodinámico. Fago preparados e infusións, traballo moito con manzanilla, por exemplo. Teño algunhas viñas de 30 e outras de 50 anos. Até 2016 non tivemos problema, pero coa chegada do cambio climático agromaron. Nunha noite a viña estaba chea de mildio e perdín toda a colleita. Agora as chuvias veñen cando menos se necesitan porque veñen en maio e xuño e complícase moito máis, entón hai anos bos que teño viño e outros non”, contounos Begoña.
A continuación fixemos a avaliación conxunta do proxecto Labregas Enredadas e pechamos cunha interesante conversa arredor dos coidados coa facilitación de Belén Fervenza.
Obrigadas a todas por participar nos nosos encontros e polo interese. Seguiremos tecendo rede!!
A actividade enmárcase nas xornadas Labregas Enredadas – rede de produtoras sostibles, que organiza a asociación Punto delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e financia a Deputación de Pontevedra.




