


“Ás veces ás persoas resúltalles raro que sexa arquitecta e labrega pero penso que cada vez van máis da man. A vida levoume a facer un proxecto final de carreira que puxo en valor o papel da agricultura e do rural na cidade. No 2021 collín o relevo da leira familiar de kiwis e cultivei plantas novas para ter máis produción. Estou montando unha páxina web para a venda directa”. Que felices quedamos de coñecer a historia e produción de Cecilia!
No seguinte enlace do CRAEGA podedes ler unha crónica da xornada: https://www.craega.es/xornada-conecendo-unha-plantacion-de-kiwis-ecoloxicos-de-cecilia-portela-en-tomino/
A actividade enmárcase nas xornadas Labregas Enredadas – rede de produtoras sostibles, que organiza a asociación Punto delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e financia a Deputación de Pontevedra.



