


Visitamos a horta social da asociación Boa Vida, en Cabanas (Salcedo, Pontevedra), unha asociación que loita pola erradicación da pobreza, traballa para diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e do traballo en equipo. Sitúase dentro do proxecto Vivir co Rural.
O obxectivo desta horta é poder conciliar xustiza social con xustiza ambiental. Aproveitan a terra que non estaba cultivada para convertela nunha horta comunitaria que permite á persoas que non teñen acceso á terra poder cultivar e levar as verduras e froitas frescas e saudábeis para as súas casas.
A actividade enmárcase nas xornadas Labregas Enredadas – rede de produtoras sostibles, que organiza a asociación Punto delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e financia a Deputación de Pontevedra.



