A finais de xuño coñecemos o Verxel de Coiro, a produción hortícola e grupos de consumo en Cangas.

CRISTINA AMBEL MÁRQUEZ fíxonos un percorrido pola súa horta: “Tiven un viveiro hai 8 anos, pero agora non podo facer todo á vez e escollín a horta. Co viveiro tes que estar pendente todos os días, a horta dáche máis liberdade. Levo 5 anos no Verxel de Coiro”.

“A min isto dáme para vivir. Á semana terei unhas 40 familias. Vou a Vigo un día a semana e o resto dos días as clientas veñen aquí. Fan o pedido con antelación para que poida coller a colleita a tempo e repártoa entre as clientas. Tamén teño un grupo de consumo que sirvo en Cangas os xoves”, contounos CRISTINA AMBEL MÁRQUEZ, no marco da visita ao Verxel de Coiro, a produción hortícola e grupos de consumo en Cangas.

Obrigadas a todas as persoas por achegarvos e a Cris por acollernos e explicarnos todo tan ben!