🟣 Dentro de tres semanas, o martes 29 de abril, terá lugar a presentación do libro ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’, unha obra da Asociación Punto Delas editada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña! Será ás 16:30h no local do Sindicato Labrego Galego de #Teixeiro
Estás interesada en asistir? Inscríbete no formulario https://forms.gle/eeLBxTJ2wBjWX5rC9 ou chamando ao 981 777 533
Se queredes ir botándolle unha ollada, aquí a versión dixital na web de Punto Delas, dende onde podedes difundila e partillala!
https://puntodelas.gal/wp-content/uploads/2025/12/guia-mulleres-dixital-final-formato-web-1.pdf
A actividade enmárcase no programa ‘Voces que abren camiño: Mulleres con Dereitos, Historias e Futuro’, financiado pola Deputación da Coruña.

