🌾 Pechamos Rede Labrega Viva: intercambio de coñecementos entre mulleres labregas 👩‍🌾

O pasado 9 de decembro celebramos o encontro de peche deste proxecto, que ao longo do ano promoveu o intercambio de saberes e experiencias entre labregas no rural 🤝

Aínda que por circunstancias alleas tivo que ser en formato en liña 💻, foi un espazo moi enriquecedor. Contamos coa participación de dúas labregas da asociación A Levada (Allariz), que compartiron a súa experiencia como parte dun obradoiro compartido público financiado pola Deputación de Ourense.

🍎 Falamos de abastecemento de comedores escolares por parte de labregas: vantaxes, dificultades e pautas para poder replicar este modelo noutros territorios 🏫

No encontro participaron labregas da provincia de Pontevedra, que puideron inspirarse e abrir novos camiños para os seus propios proxectos 🌱

Pechamos Rede Labrega Viva moi satisfeitas: un ano potenciando redes, coñecementos e apoio mutuo entre mulleres do rural 💚✊

RedeLabregaViva #MulleresLabregas