Presentación Dereitos das mulleres : guía de igualdade no rural.

🟣📖 No local do SLG en Compostela presentamos “Dereitos das mulleres: Guía de Igualdade no Rural”, unha ferramenta de consulta e orientación para que as mulleres labregas poidan identificar os seus dereitos e recursos, así como para as compañeiras traballadoras que as acompañan día a día 🌾👭

📋 Por que esta guía?
Nace da necesidade de reunir nun único documento información clara e práctica sobre a situación actual dos dereitos das labregas no ámbito rural. Existen dereitos recollidos na lexislación e nas normativas, pero non sempre son coñecidos.

🔍 Como se fixo?
Froito dun traballo de investigación da Asociación Punto Delas xunto coa Secretaría das Mulleres do SLG. Nela hai distintos bloques temáticos, como aspectos xurídicos, económicos, sociais e políticos que afectan directamente á vida e aos proxectos das labregas.

Seguimos apostando por materiais útiles que fortalezan a igualdade desde unha perspectiva feminista e labrega 💜🙌

🌱 Financiada pola Deputación da Coruña