Presentación da Guía ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’ en Compostela

📗🟣O 28 de maio terá lugar na Casa Xohana Torres en #Compostela a presentación do libro ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’, unha obra da Asociación Punto Delas editada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña!

⏰Ás 11:30h

🏠 Rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, Santiago de Compostela, A Coruña.

Estás interesada en asistir? Inscríbete no formulario https://forms.gle/6d43dYZ9QMSaGAWE7 ou no 671 31 64 10

😍 Se queredes ir botándolle unha ollada, aquí a versión dixital na web de Punto Delas, dende onde podedes difundila e partillala!

https://puntodelas.gal/wp-content/uploads/2025/12/guia-mulleres-dixital-final-formato-web-1.pdf

A actividade enmárcase no programa ‘Voces que abren camiño: Mulleres con Dereitos, Historias e Futuro’, financiado pola Deputación da Coruña.