💜 O luns estivemos na Escola de Agudelo, en Barro, compartindo unha tarde ben bonita no obradoiro “Cultivo e vantaxes das variedades locais de hortalizas”, da man da Rede Galega de Sementes.
Falamos de porque é importante cultivar, conservar e recuperar as variedades locais, variedades que levan tempo arraigadas á nosa terra e que forman parte do noso patrimonio agrícola e cultural.
🌱 Son vida, resiliencia, resistencia, saúde, cultura, futuro e diversidade. E tamén son coñecementos que pasan de xeración en xeración e que nos permiten manter unha agricultura máis diversa e adaptada ao noso territorio.
Durante o obradoiro, Jorge, produtor de horta de Nigrán, achegounos unha pequena mostra da diversidade que podemos atopar nas nosas sementes: quinoa, millo, feixón negro, cabaciño, leituga, corazón de boi, garavanzo, verza negra… 🌽🥬🫘


Tamén puxemos sobre a mesa as dificultades e freos que existen para cultivar estas variedades, desde a necesidade de organizar os tempos de traballo ata o coñecemento dos seus ciclos, das épocas de sementeira e plantación e dos coidados que require cada variedade.
Porque cultivar variedades locais tamén é coidar a terra, conservar coñecementos e defender a diversidade agrícola. 🌱💚
🟣 A actividade forma parte do programa 𝘋𝘢 𝘵𝘦𝘳𝘳𝘢 á 𝘮𝘦𝘴𝘢: 𝘴𝘢𝘣𝘦𝘳𝘦𝘴 𝘦 𝘴𝘢𝘣𝘰𝘳𝘦𝘴 𝘤𝘰𝘮𝘱𝘢𝘳𝘵𝘪𝘥𝘰𝘴 que organiza a Asociación Punto Delas co financiamento da Deputación de Pontevedra.
#DaTerraÁMesa #DeputaciónPontevedra




