Presentación en Compostela da obra ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’

O pasado 28 de maio estivemos na Casa das Mulleres Xohana Torres, en Compostela, compartindo unha xornada arredor da importancia do asociacionismo, do sindicalismo e da comunidade como ferramentas fundamentais para defender os dereitos das mulleres. 💜

A xornada comezou cunha introdución de Nanina Santos Castroviejo, da revista feminista Andaina, e continuou coa presentación da obra ‘Dereitos das mulleres. Guía de igualdade no rural’, unha obra da Asociación Punto Delas editada grazas ao financiamento da Deputación da Coruña!

Seguimos cun espazo de conversa e intercambio coas participantes, enriquecido tamén polas achegas das compañeiras do programa Inserta Empleo da Fundación ONCE, que presentaron o seu traballo con mulleres vítimas de violencia de xénero e necesidades especiais, lembrando ademais que este programa é gratuíto e non require recoñecemento oficial da situación de violencia.

Tamén contamos coa presenza do Movemento pola Paz, que compartiu o traballo que desenvolve con persoas migrantes no territorio.

Grazas a todas as persoas participantes por facer posible estes espazos de encontro, aprendizaxe e apoio mutuo! E lembrade que podedes consultar a versión dixital a guía na web de Punto Delas, dende onde podedes difundila e partillala!

https://puntodelas.gal/wp-content/uploads/2025/12/guia-mulleres-dixital-final-formato-web-1.pdf

A actividade enmárcase no programa ‘Voces que abren camiño: Mulleres con Dereitos, Historias e Futuro’, financiado pola Deputación da Coruña.