🌱 Xestionando as nosas vidas: máis competencias dixitais para as mulleres do rural 💻
No Concello de Monfero celebramos unha nova xornada de formación do programa “Xestionando as nosas vidas” da Escola de Igualdade, unha iniciativa dirixida a mulleres de concellos de baixa densidade que busca facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e fortalecer as súas competencias dixitais.
Ao longo da xornada, as participantes tiveron a oportunidade de aprender e practicar ferramentas e recursos dixitais útiles para o seu día a día, gañando autonomía, seguridade e confianza no uso da tecnoloxía. 📱💻
Porque a dixitalización tamén é unha ferramenta para reducir fendas, facilitar o acceso aos recursos e reforzar a autonomía das mulleres que viven no rural.
Seguimos creando espazos de aprendizaxe, acompañamento e intercambio para que ningunha muller quede atrás. 💜🌾

