Alimentación Sostida pola Comunidade en Clave Feminista

Creación dunha Rede de Proxectos Sustentables da provincia da Coruña liderados ou nos que participen mulleres labregas, así como introducir os Criterios da “Alimentación Sostida pola Comunidade” ou CSA´s.  A clave desta iniciativa é entender a alimentación sa e accesible para todas como un dereito e os alimentos como un ben común a xestionar entre todas e non como unha mercadoría. Dende esta perspectiva construímos formas de produción e de consumo que poñen como prioridade un acceso á alimentación que xere condicións sas e xustas para todas as persoas e, tamén, para os ecosistemas que habitan.

Isto implica romper coa lóxica individualista e desarrollista, recuperando outras formas de facer e de construír dende o local en clave de xustiza social e de xestión comunitaria.