

Este martes comezamos o mes de abril e dende a asociación Punto Delas non puidemos inauguralo de mellor forma. Xuntámonos na Horta do Cadaval (Reboreda, Redondela) para fortalecer redes entre nós, labregas, no obradoiro de dinamización de grupo facilitado por Tareixa Ledo.
- Centrámonos en coñecernos as labregas que lideramos proxectos agroecolóxicos na provincia de Pontevedra.
- Abrimos un espazo de coidados entre nós e falamos do corpo e de como a súa postura pode crear relacións de poder entre as persoas. Colocámonos en círculo e fixemos varios exercicios en parella a través das mans. Camiñamos polo espazo.
- Traballamos para adquirir ferramentas de autocoñecemento e aprendemos tamén a colocar a nosa voz.
- A facilitadora do obradoiro, Tareixa Ledo, insistiu na necesidade de buscar aliadas no territorio, de participar na asociación Punto Delas – Secretaría das Mulleres.
- Rematamos o obradoiro cunha merenda e visitando a Horta do Cadaval.


A actividade enmárcase no segundo encontro da Rede Labrega Viva: ‘A forza da terra’, organizada pola Asociación Punto Delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e o financiamento da Deputación Pontevedra.



