Precisamos seguir formándonos como mulleres labregas nos conceptos da informática básica e ter as ferramentas e o coñecemento mínimo para poder xestionar as nosas granxas ou proxectos produtivos. Traballamos deste xeito tamén  rompendo a fenda dixital, cada vez maior en moitos casos. 

A través do programa “Xestionando as nosas vidas”impartimos formación en torno ás competencias dixitais, seguridade dixital, tramites e comunicación coas administracións online, utilización de aplicacións e dispositivos específicos especialmente vinculados ao sector agrario.