Dereitos económicos das Mulleres

Xornada informativa sobre os dereitos económicos das mulleres en Betanzos o VENRES 18 de xullo ás 10:30h.

Abordamos os seguintes temas:
✅ Regularización de cotas (tramos 2025 – incidencias na xubilación)
✅ Cobros indebidos Seguridade Social (información de novas sentencias ganadas sobre os cobros feitos pola Tesourería da Seguridade Social á xente que non pagaba coa cobertura de cese de actividade)
✅ Brecha de xénero/complemento por fill@s (quen ten dereito)
✅ Baixas médicas (onde acudir, como solicitar, canto se cobra e dende que día,…)
✅ Dereitos de familia (réxime económico matrimonial: separación de bens, participación nas ganancias, sociedade de gananciais)
✅ Pensión de viuvez e herdanza dependendo do teu estado civil
Docente: Antía Comesaña (avogada)
?Local do SLG en Betanzos (R/Cruz Verde, 7 -baixo- 6)


? A actividade forma parte do programa ‘Escola de Igualdade’, que organiza Punto delas. Está cofinanciada por: Consellería de Política Social e Igualdade Xunta de Galicia, Fondos Europeos, Unión Europea. Conta coa colaboración do SindicatoLabregoGalego.