

Aquí deixamos algunhas fotiños da xornada informativa sobre os dereitos económicos das mulleres -impartida por Antía Comesaña (avogada)-, que tivo lugar o 18 de xullo no local do SLG en Betanzos. Obrigadas a todas por vir!
Abordamos os seguintes temas:
✅ Regularización de cotas (tramos 2025 – incidencias na xubilación)
✅ Cobros indebidos Seguridade Social (información de novas sentencias ganadas sobre os cobros feitos pola Tesourería da Seguridade Social á xente que non pagaba coa cobertura de cese de actividade)
✅ Brecha de xénero/complemento por fill@s (quen ten dereito)
✅ Baixas médicas (onde acudir, como solicitar, canto se cobra e dende que día,…)
✅ Dereitos de familia (réxime económico matrimonial: separación de bens, participación nas ganancias, sociedade de gananciais)
✅ Pensión de viuvez e herdanza dependendo do teu estado civil
? A actividade forma parte do programa ‘Escola de Igualdade’, que organiza Punto delas. Está cofinanciada por: Consellería de Política Social e Igualdade Xunta de Galicia, Fondos Europeos, Unión Europea. Conta coa colaboración do #SindicatoLabregoGalego.
Docente: Antía Comesaña



Xornada sobre os dereitos económicos das mulleres

