Coñecemos a produción ecolóxica de mazás de Eva

Onte, 20 de maio, coñecemos a produción ecolóxica de mazás de Eva na Estrada. Unha tarde marabillosa onde, ademais dun obradoiro de poda de maceiras, soubemos a historia de Eva.

“Comecei a cultivar en 2016, non proveño de familiar labrega orixinalmente, empecei cunha hectárea e media dalgunha persoa que quería xubilarse. Hoxe teño seis hectáreas de maceiras e vendo mazás a Estrella Galicia para facer sidra. Vendo a través da Cooperativa Ullama, en ecolóxico. As terras non son miñas, alúgoas”

As maceiras e a liberdade:

“As maceiras danme moita liberdade. Hai épocas de traballo intenso na recolleita e na poda, pero logo teño todo o verán libre e podo estar coas miñas fillas. A nivel económico, as maceiras danme o soldo mínimo e a maiores moito tempo libre”

Obrigadas, Eva, por acollernos tan ben!

Actividade organizada pola Asociación Punto Delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e o financiamento da Deputación de Pontevedra.