
Na formación Xestionando as nosas vidas sobre habilidades dixitais e conceptos da informática básica, fixemos aproximacións ao concepto de ciberseguridade, que cousas debo ter en conta cando navego na web, ou que é a identidade dixital e como protexela. Tamén vimos ferramentas que nos axudan a xestionar as nosas vidas de maneira autónoma e rompendo moitos medos a través do coñecemento.




