Labregas Enredadas. Rede de Produtoras Sostibles

Labregas Enredadas, Rede de Produtoras Sostibles, é a continuación do traballo realizado na anterior convocatoria, onde dende a Asociación Punto-Delas centramos agora o foco de actuación. Deste xeito, buscase consolidar o traballo a través da Rede de produtoras sostibles.

A Rede de Produtoras Sostibles cun enfoque feminista vólvese unha iniciativa innovadora e poderosa para promover a inserción sociolaboral, mellorar a calidade no emprego e fomentar o apoderamento das mulleres nun sector vulnerabilizado e invisibilizado, dando solucións conxuntas  a diversas cuestións da axenda feminista, como son a alimentación saudable e os coidados. Isto realizase a través  de xornadas formativas, de carácter práctico, a través da visibilización de diferentes sectores de produción localizados ao longo da provincia de Pontevedra.