Identificación de proxectos agroecolóxicos liderados por mulleres e cohesión dunha rede de proxectos sostibles na provincia de Pontevedra. Introducimos os criterios da Alimentación Sostida pola Comunidade”ou CSA´s , coas súas siglas en inglés e como son coñecidas estas fórmulas para os proxectos produtivos de alimentos. A Alimentación Sostida pola Comunidade supón que as persoas produtoras e non produtoras de alimentos se asocien e se responsabilicen da súa alimentación, colectivizando a produción e asumindo de forma corresponsable as tarefas necesarias para a súa alimentación.