“Verde coma todo o que poboa / o meu xeito de entrar polo mundo”, escribiu Olga Novo no seu libro de poemas “Nós nus” (Xerais, 1997 – reedición 2021). Iso foi o que sentimos esta mañá na nosa visita a Agolada, no marco da xornada Labregas enredadas. Rede de produtoras sostibles, na que coñecemos a Gandaría Mosteiro, proxecto de gandaría en extensivo. “Isto é o paraíso universal”, dixo unha das labregas durante o percorrido. As vacas pacen nestes espazos tan magníficos das Sobreirais do Arnego – Rede Natura 2000! Obrigadas por esta xoia de visita, Concha Fernández!