O pasado venres 21 de marzo tivemos a primeira visita da Rede Labrega Viva! Coñecemos a Horta da Gándara e á labrega Mara, que acaba de incorporarse no proxecto familiar:

“Mudeime dende Berlín cando acabei de estudar antropoloxía e ciencias políticas coas miñas dúas fillas porque o traballo que me ofreceron despois da carreira esixíame viaxar moito e con dúas fillas non quería levar este ritmo de vida. Entón na época da pandemia cando pecharon os colexios, decidín mudarme á granxa do meu pai en Pontevedra, que xusto estaba comezando co proxecto de cultivo de hortalizas”

Queredes saber máis sobre a Horta da Gándara?

“Este ano fixemos unha cama quente para sementeiras”

“Facemos o 70% do noso plantel nós mesmas”

“Facemos 100% de venda directa das nosas hortalizas e imos ao mercado todos os mércores (praza de abastos) e sábados en 4Ponlas (mercado municipal) en Pontevedra”

“Temos a horta certificada en ecolóxico e tamén formamos parte dun sistema participativo de garantía A Gavela”.

Obrigadas, Mara, por mostrarnos a túa horta!

Actividade organizada pola Asociación Punto Delas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, e o financiamento da Deputación Pontevedra.