Autor: labrega

Coñecemos a horta da Gándara
O pasado venres 21 de marzo tivemos a primeira visita da Rede Labrega Viva! Coñecemos a Horta da Gándara e á labrega Mara, que acaba de incorporarse no proxecto familiar: Queredes saber máis sobre a Horta da Gándara? Obrigadas, Mara, por mostrarnos a túa horta! Actividade organizada pola Asociación Punto Delas, en colaboración co Sindicato…

‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, presentación da guía
Algunhas imaxes da presentación da obra ‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, guía dun modelo agroecolóxico e feminista, en Ordes. Xuntámonos nun acto íntimo no que sentamos en círculo falándonos e mirándonos, porque así quere ser este libro: unha guía na que oito labregas de oito concellos diferentes da provincia de A Coruña…

Xornada Final de Cohesión da Rede do proxecto Labregas Enredadas
Xuntámonos en Arbo, onde visitamos a Adega de Begoña Troncoso http://xangall.com/: “Cando decidimos comezar non queríamos traballar de maneira convencional perdendo saúde. Entón apostei polo viño biodinámico. Fago preparados e infusións, traballo moito con manzanilla, por exemplo. Teño algunhas viñas de 30 e outras de 50 anos. Até 2016 non tivemos problema, pero coa chegada…

Coñecemos a produción de kiwis de Cecilia Portela en Tomiño (Pontevedra), unha arquitecta labrega
“Ás veces ás persoas resúltalles raro que sexa arquitecta e labrega pero penso que cada vez van máis da man. A vida levoume a facer un proxecto final de carreira que puxo en valor o papel da agricultura e do rural na cidade. No 2021 collín o relevo da leira familiar de kiwis e cultivei…

Visitamos a horta social da asociación Boa Vida
Visitamos a horta social da asociación Boa Vida, en Cabanas (Salcedo, Pontevedra), unha asociación que loita pola erradicación da pobreza, traballa para diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e do traballo en equipo. Sitúase dentro do proxecto Vivir co Rural. O obxectivo desta horta é poder conciliar…

Coñecemos o Verxel de Coiro
A finais de xuño coñecemos o Verxel de Coiro, a produción hortícola e grupos de consumo en Cangas. CRISTINA AMBEL MÁRQUEZ fíxonos un percorrido pola súa horta: “Tiven un viveiro hai 8 anos, pero agora non podo facer todo á vez e escollín a horta. Co viveiro tes que estar pendente todos os días, a…
Mulleres que coidan da terra e da comunidade
Trátase da elaboración dunha guía en materia de igualdade de xénero no eido rural, concretamente no eido da agroecoloxía. A agroecoloxía feminista pon énfase na equidade de xénero e na xustiza social dentro do ámbito agrícola, promovendo a participación activa das mulleres nas decisións e nos procesos de produción, e recoñecendo os seus coñecementos tradicionais…
Alimentación Sostida pola Comunidade en Clave Feminista
Creación dunha Rede de Proxectos Sustentables da provincia da Coruña liderados ou nos que participen mulleres labregas, así como introducir os Criterios da “Alimentación Sostida pola Comunidade” ou CSA´s. A clave desta iniciativa é entender a alimentación sa e accesible para todas como un dereito e os alimentos como un ben común a xestionar entre…
Coñecemos a Horta do Cadaval
Pasamos a tarde do 17 de xuño coñecendo a Horta do Cadaval, a produción hortícola e a diversificación en Reboreda (Redondela). Estamos emocionadas polo que alí vimos! Belén Fervenza contounos que comezaron a cultivar hai 20 anos. O barrio do Cadaval era un barrio de labregas e gandeiras, onde ela se criou. Estudou bioloxía e…
Coñecemos a Gandaría Mosteiro
“Verde coma todo o que poboa / o meu xeito de entrar polo mundo”, escribiu Olga Novo no seu libro de poemas “Nós nus” (Xerais, 1997 – reedición 2021). Iso foi o que sentimos esta mañá na nosa visita a Agolada, no marco da xornada Labregas enredadas. Rede de produtoras sostibles, na que coñecemos a…
