Categoría: Actividades da asociación

Dereitos económicos das Mulleres
Xornada informativa sobre os dereitos económicos das mulleres en Betanzos o VENRES 18 de xullo ás 10:30h. Abordamos os seguintes temas:✅ Regularización de cotas (tramos 2025 – incidencias na xubilación)✅ Cobros indebidos Seguridade Social (información de novas sentencias ganadas sobre os cobros feitos pola Tesourería da Seguridade Social á xente que non pagaba coa cobertura…

Coñecemos a produción ecolóxica de mazás de Eva
Onte, 20 de maio, coñecemos a produción ecolóxica de mazás de Eva na Estrada. Unha tarde marabillosa onde, ademais dun obradoiro de poda de maceiras, soubemos a historia de Eva. “Comecei a cultivar en 2016, non proveño de familiar labrega orixinalmente, empecei cunha hectárea e media dalgunha persoa que quería xubilarse. Hoxe teño seis hectáreas…

A forza da terra: fortalecendo redes entre nós, labregas!
Este martes comezamos o mes de abril e dende a asociación Punto Delas non puidemos inauguralo de mellor forma. Xuntámonos na Horta do Cadaval (Reboreda, Redondela) para fortalecer redes entre nós, labregas, no obradoiro de dinamización de grupo facilitado por Tareixa Ledo. A actividade enmárcase no segundo encontro da Rede Labrega Viva: ‘A forza da…

Coñecemos a horta da Gándara
O pasado venres 21 de marzo tivemos a primeira visita da Rede Labrega Viva! Coñecemos a Horta da Gándara e á labrega Mara, que acaba de incorporarse no proxecto familiar: Queredes saber máis sobre a Horta da Gándara? Obrigadas, Mara, por mostrarnos a túa horta! Actividade organizada pola Asociación Punto Delas, en colaboración co Sindicato…

‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, presentación da guía
Algunhas imaxes da presentación da obra ‘Mulleres que coidan da terra e da comunidade’, guía dun modelo agroecolóxico e feminista, en Ordes. Xuntámonos nun acto íntimo no que sentamos en círculo falándonos e mirándonos, porque así quere ser este libro: unha guía na que oito labregas de oito concellos diferentes da provincia de A Coruña…

Xornada Final de Cohesión da Rede do proxecto Labregas Enredadas
Xuntámonos en Arbo, onde visitamos a Adega de Begoña Troncoso http://xangall.com/: “Cando decidimos comezar non queríamos traballar de maneira convencional perdendo saúde. Entón apostei polo viño biodinámico. Fago preparados e infusións, traballo moito con manzanilla, por exemplo. Teño algunhas viñas de 30 e outras de 50 anos. Até 2016 non tivemos problema, pero coa chegada…

Coñecemos a produción de kiwis de Cecilia Portela en Tomiño (Pontevedra), unha arquitecta labrega
“Ás veces ás persoas resúltalles raro que sexa arquitecta e labrega pero penso que cada vez van máis da man. A vida levoume a facer un proxecto final de carreira que puxo en valor o papel da agricultura e do rural na cidade. No 2021 collín o relevo da leira familiar de kiwis e cultivei…

Visitamos a horta social da asociación Boa Vida
Visitamos a horta social da asociación Boa Vida, en Cabanas (Salcedo, Pontevedra), unha asociación que loita pola erradicación da pobreza, traballa para diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e do traballo en equipo. Sitúase dentro do proxecto Vivir co Rural. O obxectivo desta horta é poder conciliar…

Coñecemos o Verxel de Coiro
A finais de xuño coñecemos o Verxel de Coiro, a produción hortícola e grupos de consumo en Cangas. CRISTINA AMBEL MÁRQUEZ fíxonos un percorrido pola súa horta: “Tiven un viveiro hai 8 anos, pero agora non podo facer todo á vez e escollín a horta. Co viveiro tes que estar pendente todos os días, a…
Mulleres que coidan da terra e da comunidade
Trátase da elaboración dunha guía en materia de igualdade de xénero no eido rural, concretamente no eido da agroecoloxía. A agroecoloxía feminista pon énfase na equidade de xénero e na xustiza social dentro do ámbito agrícola, promovendo a participación activa das mulleres nas decisións e nos procesos de produción, e recoñecendo os seus coñecementos tradicionais…
